Baiona apela ao uso responsable da auga ante a seca que afecta ao encoro de Baíña
O alcalde-presidente do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, fixo público un bando municipal no que solicita á veciñanza un uso eficiente da auga debido á situación de sequía que está a sufrir o municipio desde este verán.
Segundo informou, o Encoro de Baíña atópase por debaixo da media habitual nesta época do ano, polo que mentres non cheguen as choivas de outono a Alcaldía establece unha serie de recomendacións e restricións.
O rexedor lembra prácticas como empregar lavavaixelas e lavadoras unicamente cando estean cheos, optar por duchas curtas en lugar de baños ou manter a billa pechada ao lavarse os dentes. Ademais, queda prohibido encher piscinas, así como regar hortas e xardíns.
O Concello agradece a colaboración da cidadanía e subliña que este esforzo colectivo é clave para facer fronte á actual situación de escaseza de auga.
