Gondomar

Avanzan as obras do Polígono Industrial da Pasaxe con novos traballos clave de infraestrutura.

O Concello de Gondomar continúa a dar pasos firmes no desenvolvemento do Polígono Industrial da Pasaxe, unha infraestrutura estratéxica para o impulso económico da comarca. Esta mañá realizouse unha nova visita ás obras, nas que xa se está a executar o estanque de retención de augas pluviais, o movemento de terras e as primeiras actuacións correspondentes á futura Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).

Estas intervencións forman parte dun proxecto integral que busca dotar a Gondomar dun espazo empresarial moderno, funcional e sostible, preparado para responder ás necesidades actuais e futuras do tecido produtivo.