Nigran

Atopan morto un home xunto ao seu tractor en Camos (Nigrán)

 

Un home foi atopado tendido xunto ao seu tractor nun camiño con varios metros de desnivel en Camos, parroquia de Nigrán. Pouco despois descartouse que o falecemento estivese relacionado cun accidente co vehículo, podendo tratarse dunha indisposición previa.

Un veciño alertou ao 112 Galicia minutos antes das 22:30 horas do xoves, tras atopar ao home tirado nun campo situado no camiño da Maceira. Na súa chamada, indicou que xa sospeitaba que o implicado podería estar falecido.

Ata o lugar desprazouse unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que confirmou o falecemento. No operativo participaron tamén axentes da Garda Civil.