As reservas de Semana Santa superan 90% en Nigrán e Baiona
Segundo os datos do Clúster de Turismo de Galicia, a ocupación turística para Xoves e Venres Santo sitúase arredor do 60% no conxunto da comunidade, mentres que para a noite do sábado baixa ao 50%.
Non obstante, nas Rías Baixas a situación é moi distinta: os destinos máis turísticos superan o 80% de ocupación, achegándose ao cheo técnico en varios concellos.
En Sanxenxo, o municipio máis tensionado nestas datas, a ocupación supera o 90%, ao igual que en Nigrán e Baiona, onde os hoteis e apartamentos turísticos rexistran cifras históricas para este período festivo.
O Clúster de Turismo destaca que estes datos reflicten unha recuperación notable do turismo nas Rías Baixas tras a pandemia e a importancia destes destinos para a Semana Santa en Galicia.
