Nigran

Antón Escobar, o goleador de Nigrán, reforza o Racing de Ferrol tras brillar na Cultural Leonesa

O Racing Club de Ferrol acaba de pechar o fichaxe do dianteiro Antón Escobar Tapias (Nigrán, 1998), unha das pezas clave no ascenso da Cultural y Deportiva Leonesa a Segunda División. O xogador regresa así a Galicia para incorporarse a un dos equipos con máis proxección do fútbol profesional.

Escobar destacou na última tempada como revulsivo de luxo en León: 12 goles, 4 asistencias e máis de 9.000 minutos disputados en Primeira e Segunda RFEF. Os seus datos non pasaron desapercibidos para o club departamental, que aposta por el como referente ofensivo no novo proxecto.

Formado na canteira da ED Val Miñor de Nigrán, o atacante leva anos deixando pegada nos terreos de xogo, con etapas no Celta B, Coruxo, Lugo, Arenteiro, Bergantiños ou Real Unión, entre outros. A súa traxectoria é un exemplo do talento que xorde da comarca do Val Miñor.

Desde o club ferrolán destacan a súa “mobilidade, velocidade e instinto goleador”, cualidades que encaixan coa idea de xogo que propón o técnico Cristóbal Parralo. Ademais, medios deportivos galegos xa o alcuman como a “quenlla de Nigrán”, polo seu carácter voraz dentro da área.