Vigo

Ana Ortiz chama á solidariedade da cidadanía viguesa para participar na campaña “Cada neno un xoguete”

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este sábado na presentación da campaña “Cada neno un xoguete 2025”, que impulsa a Asociación Stop Vigo para levar miles de agasallos o próximo Nadal ás casas dos máis pequenos. Durante o acto, celebrado no Centro Comercial Camelias, Ortiz destacou a solidariedade dos vigueses nunha iniciativa que xa cumpre a súa décimo sétima edición.

A delegada estivo acompañada pola vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez; pola directora do centro comercial, Sandra Rodríguez; e polo organizador da campaña, Carlos Leiro. Ortiz felicitou aos impulsores da iniciativa solidaria e agradeceu a colaboración de entidades privadas e voluntarios.

Recolecta e resultados

A recollida de xoguetes comezou o pasado 1 de outubro e prolongarase ata o 23 de decembro. “Temos que conseguir que todos os nenos sorrían este Nadal porque a súa alegría será a nosa, e por iso gustaríame tamén pedir a todos os vigueses que participen e doen”, sinalou Ortiz.

Na edición de 2024 foron recollidos máis de 23.000 xoguetes, e desde 2009 a campaña acumulou máis de 134.000 agasallos doados. O pasado ano, a iniciativa foi galardoada nos XXX Premios Ciudadanos, e o acto de entrega celebrouse o 21 de novembro no salón de actos da Secretaría de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial.