Nigran

Alerta veciñal por robos en Carrasca e Parada: a Garda Civil xa recibiu denuncias

Veciños das parroquias de Carrasca e Parada, en Nigrán, alertaron nos últimos días da presenza dunha furgoneta sospeitosa vinculada a varios robos en galpóns, fincas e pequenos alpendres da zona.

Segundo relatan testemuñas, nunha das ocasións o vehículo foi visto abandonando o lugar con as portas traseiras abertas, presumiblemente para dificultar a identificación da matrícula.

As denuncias xa foron postas ante a Garda Civil de Baiona, que ten coñecemento dos feitos. Recoméndase á veciñanza extremar a precaución, anotar calquera matrícula sospeitosa e avisar de inmediato ás forzas de seguridade en caso de detectar movementos estraños.

A colaboración cidadá resulta clave para frear este tipo de delitos e facilitar o labor das autoridades.