A Xunta presenta en Nigrán a nova Lei de Cooperativas que impulsará actividades estratéxicas e simplificará trámites
A Xunta escolleu a cooperativa “Donde viven los cuentos”, en Priegue, para anunciar a exposición pública da nova Lei de Cooperativas, que busca impulsar actividades estratéxicas como os coidados, a enerxía e a vivenda, ademais de simplificar trámites e reforzar a dixitalización.
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado da directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, puxo en valor o labor desta cooperativa nigranesa, apoiada polo programa Aprol Economía Social, que este ano destina 5 millóns de euros a proxectos en Galicia.
Actualmente, Galicia conta con máis de 2.000 cooperativas activas, un 40 % máis que hai cinco anos, que xeran 3.500 millóns de euros de facturación e emprego para 78.000 persoas.
