A Xunta e o Concello de Nigrán estudan novos proxectos en viviendas e infraestructuras
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este mediodía unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán, Juan Antonio González Pérez, na delegación territorial da Xunta en Vigo.
Martínez Allegue cualificou o encontro de “cordial” e salientou que permitiu analizar posibles actuacións en materia de vivenda e infraestruturas no municipio.
Tanto a conselleira como o rexedor coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar proxectos que melloren a calidade de vida da veciñanza e reforcen a competitividade de Nigrán.