Nigran

A Xunta e o Concello de Nigrán abordan novas actuacións en materia de infraestruturas e urbanismo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Nigrán, Juan González, na delegación territorial da Xunta en Vigo.

Durante o encontro, ambas administracións analizaron proxectos e actuacións de interese para o municipio vinculadas ás áreas de infraestruturas e urbanismo, co obxectivo de avanzar en iniciativas que melloren a calidade de vida da cidadanía e impulsen o desenvolvemento sostible de Nigrán.

O Goberno galego reafirmou o seu compromiso de seguir colaborando cos concellos para facilitar a execución de proxectos que contribúan a reforzar a competitividade económica da comarca e a ofrecer servizos públicos de maior calidade.

Esta reunión enmárcase na liña de cooperación institucional que a Xunta de Galicia mantén cos municipios da provincia para impulsar actuacións estratéxicas que dean resposta ás necesidades urbanísticas, de vivenda e mobilidade dos veciños e veciñas de Nigrán.