BaionaOiaVigo

A Xunta colaborará cos Amigos dos Pazos para celebrar o 10º aniversario do Camiño Portugués da Costa

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, reuniuse este mércores coa nova directiva do colectivo Amigos dos Pazos, encabezada pola presidenta Yashmina Mª Shawki-Aziz e os vogais Grato Amor Moreno, Gonzalo Prado González e Beatriz López-Chaves Castro.

Durante o encontro, Ortiz comprometeu a colaboración do Goberno galego para os actos que conmemorarán, en maio de 2026, o décimo aniversario da declaración oficial do Camiño Portugués da Costa.

O acordo reafirma o apoio da Xunta a iniciativas culturais e turísticas que fomentan a promoción do patrimonio histórico e o Camiño de Santiago, así como a implicación das entidades locais na organización de actividades que poñan en valor a riqueza cultural e paisaxística da comarca.