A procesión dos Pasos percorre as rúas de Baiona pese á chuvia suave.
A pesar da suave chuvia que caeu durante a tarde, Baiona celebrou este Xoves Santo a tradicional procesión dos Pasos, organizada pola Irmandade da Santa Casa de Paz e Misericordia, a máis antiga de Galicia.
A comitiva partiu ás 20:00 horas desde a capela da Misericordia, percorrendo a praza do Concello nun ambiente de recollemento e devoción.
A procesión contou coa participación de figuras viventes, como nenos vestidos de personaxes bíblicos, soldados romanos e anxos, acompañados pola Banda de Música Municipal de Baiona. Na Praza do Concello realizouse o encontró.
A pesar das previsións meteorolóxicas adversas, a choiva non impediu a celebración do acto, que se desenvolveu sen incidentes. A procesión dos Pasos é un dos momentos máis esperados da Semana Santa baionesa.