A procesión do Carmen en Panxón continuou sen a imaxe tras unha decisión polémica do párroco pola choiva.
A procesión na honra á Virxe do Carme celebrada onte en Panxón viuse marcada por un momento de tensión e desconcerto. Cando a imaxe da Virxe xa fora sacada da igrexa e colocada na barca preparada para o percorrido tradicional, unha lixeira chuvia fixo acto de presenza. Foi entón cando o párroco da parroquia, Víctor Manuel Rodríguez, solicitou á comisión de festas que non continuasen coa procesión ao aire libre, advertindo que, no caso de que a imaxe sufrise algún dano pola auga, serían eles os responsables e deberían asumir os custes da reparación.
Esta situación xerou certo malestar entre os presentes, e mesmo se viviu algún episodio de tensión entre veciños e o clero. Unha das feligresas chegou a proferir improperios contra o párroco, segundo testemuñas. Finalmente, decidiuse trasladar a imaxe de volta ao interior do templo votivo do mar, e continuar co programa previsto sen a súa presenza.
A procesión simbólica proseguiu cara o porto, onde se realizou a tradicional ofrenda á Virxe mariñeira e a correspondente tirada de fogos artificiais, mantendo así parte do espírito e da devoción dunha das celebracións máis emblemáticas da vila mariñeira de Panxón.