A Garda Civil investiga a unha veciña de Gondomar por presunto maltrato animal
O Seprona da Garda Civil de Vigo investiga a unha muller de 52 anos e veciña de Gondomar como presunta autora dun delito de abandono e maltrato animal.
O pasado 25 de setembro, localizáronse no río Peitieiros un total de dez cadáveres de cachorros de can e cinco máis con vida, que faleceron posteriormente.
Despois de diversas pescudas e investigacións na zona, os axentes conseguiron identificar á presunta responsable e localizar a súa vivenda, onde atoparon dúas cadelas que aparentemente acababan de parir e que carecían do chip obrigatorio.
A muller foi informada da súa condición de investigada por un presunto delito de abandono e maltrato animal, ademais de ser denunciada á Xunta de Galicia por ter as cadelas sen documentación nin identificación legal.
