A Garda Civil detén a un veciño de Oia por roubos e furtos en Baiona
A Garda Civil de Baiona detivo a un home de 45 anos, veciño de Oia e con antecedentes penais, como presunto autor de 11 delitos de roubo con forza e 3 delitos leves de furto. Desde finais de 2024 detectárase un incremento notable de roubos en vivendas unifamiliares do Baixo Miño, moitas delas segundas residencias, con un patrón común: acceso mediante escalo e danos en fiestras para entrar nas casas.
Durante a investigación, recuperáronse xoias, diñeiro en efectivo, obxectos decorativos, menaxe do fogar, teléfonos móbiles e bicicletas. No momento da detención, o individuo levaba unha bicicleta e varias xoias. Posteriormente entregou voluntariamente outros efectos subtraídos, incluíndo dúas bicicletas máis e varios móbiles.
O detido, que saíra recentemente do cárcere, será posto hoxe a disposición xudicial no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Vigo.
