A Fundación Carlos Casares e o Certamen Literario Verbas Novas de Mañufe reciben subvención da Deputación para actividades de dinamización da lingua galega
CULTURA | A Deputación apoia proxectos que fomentan o uso e a posta en valor do galego no Val Miñor
A Deputación de Pontevedra destinou achegas a entidades sen ánimo de lucro da provincia para impulsar actividades de dinamización da lingua galega. No Val Miñor, as beneficiarias son a Fundación Carlos Casares, en Nigrán, e o Certamen Literario Verbas Novas, en Gondomar.
A Fundación Carlos Casares recibirá 4.000 € para a sétima edición do programa “Sorrisos por un mundo: o humor de Carlos Casares” e actividades complementarias arredor do escritor, co obxectivo de promover a lingua galega.
A Asociación Cultural de San Vicente de Mañufe, organizadora do Certamen Literario Verbas Novas, contará con 939 € para desenvolver o certame, que busca fomentar a creación literaria en galego e a súa difusión entre a cidadanía.
