Baiona

A casa rural San Antón de Baiona convértese no epicentro musical da primavera co Sonatón Festival

A emblemática Casa Rural San Antón, situada ás portas de Baiona, acollerá o vindeiro sábado 10 de maio o Sonatón Festival, un evento que mestura música, natureza e bo ambiente nun entorno único e con moito encanto.

Con actuacións confirmadas como San Rockers, Mon Dieu e Los del Barrio, o festival ofrecerá dez horas de música en directo, desde as 17:00 ata as 03:00 horas, nun formato reducido pero con gran personalidade.

As entradas xa están á venda desde 15 euros, con consumición incluída. A organización promete unha experiencia diferente, cun cartel musical e oferta gastronómica que completarán unha xornada pensada para gozar con calma e estilo.

San Antón, máis que unha casa rural, será por un día o escenario máis auténtico do Val Miñor.