Baiona aproba o seu primeiro plan estratéxico municipal de subvencións 2026–2028
O Pleno do Concello de Baiona aprobou inicialmente, na sesión celebrada o 29 de abril de 2026, o primeiro Plan Estratéxico Municipal de Subvencións (PEMS) para o período 2026–2028.
Este plan ten como obxectivo consolidar e dar continuidade ás liñas de axuda impulsadas nos últimos anos, reforzando o apoio institucional a iniciativas de interese xeral. Entre as súas principais prioridades atópase o impulso de actividades deportivas, sociais, culturais, turísticas, educativas, comerciais e asociativas, así como propostas de lecer e tempo libre.
Con esta iniciativa, o Concello pretende fortalecer o tecido social do municipio, facilitando que entidades e colectivos locais poidan desenvolver proxectos que contribúan ao benestar da cidadanía e ao dinamismo de Baiona.
