Gondomar

Gondomar impulsa la lectura juvenil con la iniciativa “Abrindo Portas”

O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Xuventude, celebrou unha nova edición do programa “Abrindo Portas” con motivo do Día do Libro, reafirmando o seu compromiso co fomento da lectura entre a mocidade.

A actividade tivo lugar na Praza Escolas Vellas en horario de tarde e reuniu a numerosos mozos e mozas a partir dos 12 anos, que puideron acceder de balde a preto dun cento de libros. A resposta foi moi positiva, esgotándose practicamente todos os exemplares dispoñibles e evidenciando o interese da mocidade pola lectura cando esta se fai accesible.

“Abrindo Portas” é xa unha iniciativa consolidada no municipio, que ao longo do ano promove o hábito lector mediante a recomendación de títulos nas redes sociais municipais, abordando temáticas actuais e de interese xuvenil. Esta xornada especial permitiu trasladar esa labor ao ámbito presencial, facilitando o contacto directo cos libros.

O proxecto foi recoñecido recentemente co segundo premio nos Premios Xuventude 2025 da Deputación de Pontevedra, destacando o labor do consistorio na promoción cultural e na participación da mocidade.

Baixo o lema “Un libro aberto, unha mocidade esperta”, o Concello reforza a súa aposta pola educación e a cultura como piares fundamentais do desenvolvemento persoal e social.

O alcalde, Paco Ferreira, valorou moi positivamente a iniciativa e destacou que “a mocidade responde de maneira moi positiva cando se lle ofrecen propostas culturais atractivas e accesibles”, subliñando ademais a vontade do goberno local de seguir fomentando hábitos enriquecedores como a lectura.