Gondomar

Gondomar estoupa en cor, música e imaxinación nun entroido que desborda todas as expectativas

O desfile comezou tras o pregón a cargo da monologuista Arantxa Treus e de Jazmín Abuín, e percorreu o itinerario habitual: saíndo da rúa Eduardo Iglesias, continuando por Ángel Urzáiz, atravesando a Praza Paradela, pasando diante do Concello, e finalizando na Avenida do Conde, onde remataron as actuacións das comparsas.

Igual que na edición anterior, o desfile mantivo un carácter non competitivo, polo que todas as comparsas recibiron unha compensación económica de entre 450 e 750 euros, en función do número de integrantes. Ademais, as comparsas de Gondomar percibiron unha axuda adicional de 100 euros por cada carroza extra, ata un máximo de dúas.

Entre as agrupacións participantes destacaron:

  • Asociación Políticamente Incorrectos con “El despertar de los espíritus del bosque”
  • Comparsa Luces de Tomiño con “Entre a lúa e o lume”
  • ANPA do CEP Sabarís con “Cazapantasmas”
  • Os Fragafestas con “Furia de pétalos”
  • Centro Cultural Parada do Miñor con “O virus do Entroido”
  • Asociación Os Imprescindibles con “Mary Poppins”
  • Asociación O Millor de Cada Casa con “O segredo do frondal”
  • Asociación de Vecinos Galiñeiro de Vincios con “Aeterna Victrix Vinciocas”
  • Asociación Os da Casa con “Sabores do mundo”
  • Asociación de Vecinos Nosa Terra de Pereiras con “Pa mala yo”
  • Comparsa Talisán con “Un mundo, mil bandeiras”
  • Centro Cultural de Valladares con “Valla Festa”
  • Os Furafollas con “Capote á vida”
  • Os Feiticeiros con “O Circo dos Feiticeiros”
  • Asociación de Vecinos de Beade con “Os piratas de Beade”
  • Centro Cultural A Merced de Chaín con “Legado de ouro e area: as fillas do Nilo”
  • ANPA do CEIP Carrasqueira con “Pingas de arte galega”
  • Asociación Carnavales de Mañufe con “2030 do porvir”