O nigranés Fran Fernández Davila gaña o Premio Camilo José Cela 2024 coa obra A lingua dos ósos
O nigranés Fran Fernández Davila, con domicilio en Panxón, resultou gañador da XXXV edición do Premio Literario Camilo José Cela de Narrativa, convocado polo Concello de Padrón, coa obra A lingua dos ósos. O fallo fíxose público o martes 9 de decembro no salón de plenos da casa consistorial, nun acto presidido polo alcalde e responsable de Cultura, Anxo Arca. O xurado destacou a destacada calidade literaria do texto, subliñando a súa complexidade temática, o estilo pulido e unha voz que combina crudeza e lirismo, capaz de reflectir o cambio de paradigma sociopolítico actual.
Nesta edición presentáronse 168 relatos, que foron avaliados seguindo as bases do certame. Tras a deliberación, abriuse o sobre identificativo do traballo número 105, que correspondeu ao do autor nigranés. O premio está dotado con 1.500 euros e unha estatuíña conmemorativa, nun certame xa consolidado que rende tributo ao legado literario de Camilo José Cela e á súa vinculación con Padrón.
