Baiona

A GARDA CIVIL IMARTE CHARLA EN BAIONA SOBRE PROTECCIÓN FRONTE A ESTAFAS DIXITAIS

O multiusos Ángel Bedriñana acolleu onte unha charla informativa impartida pola Garda Civil, dirixida especialmente ás persoas maiores e aberta ao público en xeral, co propósito de previr e detectar estafas dixitais.

A sesión contou cunha excelente asistencia e participación, reflexo do interese crecente da veciñanza por adquirir coñecementos e ferramentas que lles permitan utilizar as novas tecnoloxías con maior seguridade.

Desde o Concello de Baiona quixeron agradecer á Garda Civil a súa proximidade, compromiso e disposición, destacando a súa vocación de servizo e o labor constante en favor da protección das persoas.