O Miñor ameaza con desbordar e o alcalde activa o aviso en Gondomar
O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, activou un aviso de precaución ante o risco de desbordamento do río Miñor, logo de que a estación de control Miñor-Gondomar superase o limiar de seguimento, segundo a Rede de Aforos de Augas de Galicia.
Desde o Concello faise un chamamento á veciñanza para evitar as zonas próximas ao río, non circular por áreas inundadas nin cruzar pontes, e asegurar obxectos en zonas baixas.
Ferreira explicou que os servizos municipais están en alerta e seguirán monitorizando a evolución do caudal nas próximas horas.
Ante calquera emerxencia, recoméndase chamar ao 112.
