O catálogo galego do litoral recolle máis de trinta bens de valor cultural en Baiona, Nigrán e Gondomar
O patrimonio litoral do Val Miñor recibe un novo recoñecemento co seu incluído no Catálogo Galego de Bens de Valor Cultural do Litoral, un documento que identifica e protexe espazos e construcións singulares situadas na franxa costeira galega.
No caso de Baiona, o catálogo incorpora elementos tan emblemáticos como o Porto de Baiona, o Antigo Faro de Cabo Silleiro, a Lonxa de Peixe, o Mural de Azulexería da Arribada ou o Cruceiro do Monte do Boi, xunto con varios hórreos e fontes históricas repartidas polo municipio.
En Nigrán, a relación inclúe o Monumento de Monteferro, o Castro de Panxón, os petroglifos do Coello e de Punta Lamela, así como a Ponte da Ramallosa, a Capela e o Cruceiro de San Campio e as antigas Cocheiras do Tranvía, testemuñas do pasado histórico e industrial da vila.
Pola súa parte, Gondomar figura co enclave da Capela da Virxe da Luz e o seu torreiros, un punto de referencia relixioso e cultural moi vinculado á tradición popular.
Dende os tres concellos do Val Miñor valórase positivamente esta catalogación, que contribúe a preservar a identidade patrimonial da comarca e a reforzar a súa potencialidade como destino turístico e cultural de primeiro nivel.
BAIONA
- Pazo de Cadaval
- 82_003 Hórreo na Ramallosa
- 82_004 Lonxa de Peixe
- 82_005 Porto de Baiona
- 82_006 Mural de azulexería da Arribada
- 82_007 Fonte no paseo do Monte do Boi
- 82_008 Hórreo en Baiona
- 82_009 Cruceiro do Monte do Boi
- 82_010 Casa en esquina Rúa Tomás Mirambel e Xoselín
- 82_011 Fonte Cristalina
- 82_012 Hórreo en Rocamar
- 82_013 Muíños en Rocamar
- 82_014 Antigo Faro de Cabo Silleiro
NIGRÁN
- Monumento de Monteferro
- 80_002 Petroglifo de Punta Lamela
- 80_003 Punta de Meda
- 80_004 Petroglifo do Coello 2
- 80_005 Petroglifo do Coello 1
- 80_006 Castro de Panxón
- 80_007 Ensenada de Panxón
- 80_008 A Foz
- 80_009 Cocheiras do tranvía
- 80_010 Capela de San Campio
- 80_011 Cruceiro da Capela de San Campio
- 80_012 Casas da Ponte Vella da Ramallosa
- 80_013 Cruceiro da Ponte Vella da Ramallosa
- 80_014 Ponte da Ramallosa
GONDOMAR
- 1 Capela da Virxe da Luz e torreiros
