Baiona

A praia de Ladeira en Baiona acollerá este xoves o Cross Escolar Val Miñor 2025

A cita reunirá 1.900 estudantes de 17 centros educativos dos concellos de A Guarda, Nigrán, Gondomar, Oia e Baiona

A praia de Ladeira converterase este xoves, 16 de outubro, no escenario do Cross Escolar Val Miñor 2025, fase comarcal do programa de deporte escolar da Xunta de Galicia, que reunirá 1.900 alumnos e alumnas de 17 centros educativos pertencentes aos concellos de A Guarda, Nigrán, Gondomar, Oia e Baiona.

As probas darán comezo ás 10:30 horas e desenvolveranse ao longo da mañá, con categorías desde 2º de Primaria ata 3º da ESO e distancias comprendidas entre 450 e 1.800 metros, adaptadas a cada idade.

O evento, que combina competición e convivencia, busca fomentar a práctica deportiva, o compañeirismo e os hábitos de vida saudables nun contorno natural de grande beleza como é a praia de Ladeira.