Nigrán iluminouse en apoio ás mulleres con cancro de mama metastásico
O Concello de Nigrán e a Asociación Española de Cáncer de Mama Metastásico conmemoraron onte á noite, luns 13 de outubro, o Día Mundial desta enfermidade cun emotivo acto celebrado ás oito da tarde diante do consistorio.
Durante o evento, leuse un manifesto en apoio ás mulleres que padecen esta doenza e a fachada do Concello iluminouse cos cores representativos da loita contra o cancro de mama metastásico.
O alcalde, Juan González, participou no acto acompañado pola veciña de Priegue, María Rouco, afectada pola enfermidade e actual voceira da asociación, quen compartiu unhas palabras cheas de emoción e esperanza.
Desde o Concello destacouse a importancia de visibilizar esta realidade e fíxose un chamamento á solidariedade da veciñanza, que respondeu acudindo para amosar o seu apoio e compromiso coa causa.
