O veciño de Belesar Gael Fernández proclámase campión de España alevín de patinaxe co CPA Gondomar
O mozo Gael Fernández Fernández, veciño de Belesar (Baiona), proclamouse campión de España na categoría alevín libre de patinaxe artística, representando ao CPA Gondomar.
O patinador baionés destacou polo seu talento e madurez deportiva nun campionato de altísimo nivel, no que conseguiu subir ao máis alto do podio e converterse nun dos referentes máis novos deste deporte a nivel estatal.
Desde o Concello de Baiona amosaron o seu orgullo polo éxito do deportista: “É unha alegría enorme ver como un veciño de Belesar conquista o máis alto do podio, levando o nome de Baiona e do Val Miñor por toda España”, sinalan desde o consistorio, que quixo felicitar tamén ao club e á familia de Gael polo seu esforzo e dedicación.
O CPA Gondomar, entidade con ampla traxectoria e numerosos títulos en competicións autonómicas e nacionais, celebra este novo logro que reafirma o seu papel como escola de referencia no patinaxe artístico galego.
