Baiona

James Rhodes despídese de Baiona tras uns días de descanso atopando a paz interior

O recoñecido pianista e escritor británico James Rhodes rematou a súa estancia en Baiona, onde pasou uns días de descanso e reflexión no Faro de Cabo Silleiro, recentemente convertido en hotel. O artista compartiu nas súas redes sociais unhas emotivas palabras nas que confesaba ter vivido “uns días emocionalmente difíciles”, pero tamén ter atopado en Galicia “un pouco de paz interior”.

“Han sido unos días emocionalmente difíciles, así que vine a Galicia un par de días para encontrar un poco de paz interior. Galicia, donde, aparentemente, siempre llueve… 🤔🥰 Menudo paraíso”, escribiu Rhodes, acompañado de varios emoticonos.

Famoso por ser un talentoso pianista clásico e autor de memorias supervendas nas que relata con valentía os abusos sufridos na infancia, Rhodes é tamén un referente internacional no activismo polo benestar infantil, a educación musical e a saúde mental.

Durante a súa estadía en Baiona, o músico gozou da tranquilidade e das espectaculares vistas do Atlántico dende o Faro de Cabo Silleiro, un dos lugares máis emblemáticos da costa sur galega.

Afincado en España desde hai anos, James Rhodes despediuse de Galicia deixando unha mensaxe de serenidade e gratitude, confirmando que, unha vez máis, a nosa terra é un refuxio para o corpo e a alma.