O Concello de Gondomar organiza unha excursión a Vitoria-Gasteiz do 7 ao 9 de novembro
O Concello de Gondomar, a través da súa Concellería de Turismo, organiza unha nova viaxe cultural a Vitoria-Gasteiz, que se celebrará entre o 7 e o 9 de novembro. A iniciativa inclúe transporte en autobús, aloxamento nun hotel de tres estrelas, pensión completa, visitas guiadas e seguro de asistencia en viaxe, cun prezo total de 220 euros por persoa en habitación dobre.
As inscricións estarán abertas ata o 24 de outubro, e as prazas son limitadas, polo que desde o Concello recoméndase anotarse canto antes para garantir a participación.
As persoas interesadas poden obter máis información e formalizar a súa inscrición na Oficina de Turismo de Gondomar, ou ben contactar a través do teléfono 678 874 985.
Esta excursión forma parte do programa municipal de promoción do turismo e do lecer, co obxectivo de fomentar a convivencia e o coñecemento doutros territorios entre os veciños e veciñas de Gondomar.




