Nigran

O alcalde recibe ao novo cura de Nigrán, Juan Benito Rodríguez

O alcalde de Nigrán, Juan González, recibiu onte no seu despacho ao novo sacerdote da parroquia de Nigrán, Juan Benito Rodríguez, e ao seu predecesor no cargo, Constantino Fernández, quen exercía nesta parroquia desde o ano 2000 e que agora é capelán da residencia Santa Marta, da congregación das Hermanitas de los Ancianos Desamparados, en Vigo.

O rexedor trasladoulles a ambos os seus bos desexos para o novo cometido, que afrontarán como mínimo durante os seis anos que conleva o nomeamento.

Estes cambios prodúcense despois de que o obispo da Diócese de Tui-Vigo, Antonio Valín, anunciase en setembro unha remodelación para paliar a falta de clero nas parroquias. A reestruturación tamén implicou o relevo do sacerdote de Chandebrito e Camos, José Juan Sobrino, agora delegado diocesano da Pastoral de Saúde e novo sacerdote de San Miguel de Oia.

Tanto Sobrino como Constantino foron despedidos a pasada fin de semana pola súa veciñanza en sendas comidas no restaurante Queimada, en agradecemento á súa implicación coa comunidade de feligreses.