A Xunta destina 31.000 euros ao Pazo de Cea para mellorar a súa imaxe e impulsar o turismo sostible.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns o Pazo de Cea, onde anunciou a concesión dunha axuda de 31.000 euros destinada a actuacións de embelecemento do establecemento turístico.
Segundo explicou Ortiz, o obxectivo da subvención é coidar a imaxe e corrixir impactos paisaxísticos, favorecendo así un turismo máis sostible e de maior calidade.
O apoio económico enmárcase na liña de axudas da Xunta para fortalecer a competitividade do sector turístico galego mediante investimentos que melloren tanto a experiencia dos visitantes como a conservación do patrimonio.
