O “cabo condón” de Rafa Durán sorprende a Boris Izaguirre na súa visita a Baiona
Onte emitiuse o programa “A Miña Gran Cidade”, no que o humorista baionés Rafael Durán recibiu ao escritor e showman Boris Izaguirre para mostrarllle algúns dos espazos máis emblemáticos da vila.
O percorrido comezou no Parador de Baiona e continuou coa visita á carabela La Pinta, onde Boris puido conversar con Carlos Zamorano e Rosa Vilar. Posteriormente, exploraron o casco antigo de Baiona, con parada no establecemento O Desastre co seu propietario, Marcelo, onde degustaron unha empanada de zamburiñas da panadería As Adrianas.
A continuación achegáronse ao restaurante Rocamar, onde degustaron máis mariscos da zona e dialogaron co seu propietario, Ramón Rodríguez Quintas, acompañado da súa filla. A xornada culminou na Virxe da Roca, onde Boris se uniu aos cantos dos integrantes da Taberna de Sabas.
Mais antes de chegar ao monumento, produciuse o episodio máis singular do día: Rafa Durán invitou a Boris a tomar café na súa caravana, bautizando de maneira coloquial o lugar como “Cabo Condón”. A revelación, explicada con retranca polo humorista, provocou risas e comentarios tanto no set como entre os espectadores, converténdose no momento máis divertido e viral da emisión.
Con esta entrega, “A Miña Gran Cidade” deixou unha combinación de historia, gastronomía, música e humor, cun toque moi persoal de Rafa Durán que fixo de anfitrión de excepción para un Boris Izaguirre que non perdeu ocasión de mesturar ironía, complicidade e emoción durante a súa estadía en Baiona. Tanto foi así, que o propio Boris confesou finalmente que decidiu amar Baiona e quedar na vila.
