Vigo

Xornada de portas abertas no buque “Duque de Ahumada” da Garda Civil

Con motivo da entrega á Garda Civil do buque oceánico “Duque de Ahumada”, está prevista a celebración dunha xornada de portas abertas en Vigo.

O acceso ao buque farase por rigorosa orde de chegada, debido ao horario limitado e ao reducido número de visitantes que se poden admitir.

📍 Lugar: Peirao do Comercio do Porto de Vigo (acceso pola nave do Tinglado)

📅 Data: sábado, 20 de setembro

🕙 Horario: de 10:00 a 13:00 horas