Nigrán celebra hoxe no auditorio municipal o día mundial do alzhéimer
O Auditorio Municipal de Nigrán acolle hoxe, ás 17.00 horas, unha xornada con motivo do Día Mundial do Alzhéimer, aberta a todas as persoas interesadas, especialmente a familias de persoas diagnosticadas con este trastorno ou outros similares.
Durante a cita, impartiranse diferentes obradoiros e instalarase unha mesa informativa a cargo dunha experta, onde se darán a coñecer actividades coma as que se desenvolven no Centro Municipal de Enfermidades Neurodexenerativas de Nigrán, situado en Panxón.
Este servizo, 100% público e gratuíto, foi creado polo Concello de Nigrán en 2016 e está xestionado por Afaga, organización que tamén coordina esta xornada.
