A Garda Civil celebra en Baiona o 181º aniversario da súa fundación cun acto institucional
A Garda Civil conmemorou este domingo en Baiona os seus 181 anos de historia cun acto institucional na Avenida Arquitecto Jesús Valverde, que contou coa presenza de autoridades civís e militares de toda a provincia.
O evento estivo presidido polo subdelegado do Goberno en Pontevedra, o alcalde de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, e o coronel xefe da Comandancia da Garda Civil. Durante o acto entregáronse condecoracións, rendeuse homenaxe aos axentes falecidos e recoñeceu o servizo de gardas recentemente retirados.
Ademais, a veciñanza puido visitar durante toda a mañá unha exposición de medios e especialidades da Garda Civil, incluíndo o servizo marítimo, o helicóptero aéreo e unidades caninas.
Unha xornada emotiva e de recoñecemento ao labor dun corpo que leva desde 1844 ao servizo da cidadanía.