Últimas NoticiasVigo

UB40 ft. ali campbell fará vibrar castrelos co seu reggae británico máis lendario

O ciclo de concertos de Castrelos 2025 contará coa actuación de UB40 ft. Ali Campbell, o venres 15 de agosto, no auditorio ao aire libre vigués. Con este anuncio, o Concello de Vigo recupera un concerto que estaba previsto para o ano pasado e que finalmente non se chegou a celebrar.

“Unha das bandas máis icónicas do reggae pop británico”, así definiu o alcalde Abel Caballero ao grupo, a través dun audio remitido aos medios de comunicación.

Formada a finais dos anos 70, UB40 converteuse nunha das formacións máis influentes do seu estilo nas décadas dos 80 e 90, acadando vendas de máis de 70 millóns de discos en todo o mundo. Entre os seus temas máis recoñecidos destacan Red Red Wine, Kingston Town ou I Can’t Fall In Love With You.

Desde o ano 2008, Ali Campbell, voz orixinal da banda, lidera unha nova etapa acompañado dunha nova formación que conserva o nome de UB40 e o seu inconfundible estilo.

Concertos en Castrelos 2025 confirmados ata o momento:

• Ana Belén – 12 de xullo

• Gente de Zona – 17 de xullo

• Trueno – 18 de xullo

• Rozalén – 24 de xullo

• Vanesa Martín – 31 de xullo

• Ópera “La Traviata” – 1 de agosto

• Jason Derulo – 8 de agosto

• UB40 ft. Ali Campbell – 15 de agosto

• India Martínez – 16 de agosto