Gondomar

Un edificio de Gondomar premio coag 2024 por unha intervención de accesibilidade innovadora

Un proxecto de mellora da accesibilidade nun edificio da rúa Párroco J. Mariño, en Gondomar, vén de ser recoñecido cun Premio COAG de Arquitectura 2024, na categoría de “Arquitecturas efémeras e deseño a pequena escala”.

A intervención, asinada polos arquitectos Vicente Pintos Santiago e Javier Antonio Franco Rabuñal, consistiu na eliminación de barreiras arquitectónicas mediante a instalación dun ascensor interior e unha nova escaleira, adaptando o espazo para conectar dous portais dun mesmo inmoble.

O xurado valorou a complexidade da proposta e o seu impacto positivo na calidade de vida da veciñanza, destacando a capacidade do deseño para transformar un espazo común nun lugar máis accesible e digno.