Nigrán homenaxea aos seus deportistas na cuarta edición da Gala do Deporte
O Concello de Nigrán celebrará este sábado, 5 de abril, a súa cuarta ‘Gala do Deporte’ no Auditorio Municipal a partir das 19:00 horas.
O evento, presentado pola xornalista Paula Montes e amenizado pola pianista Brenda Vidal, homenaxeará a preto de 40 deportistas e entidades referentes no municipio.
Os premios principais desta edición recoñecerán a:
• Mellor deportista masculino: Pedro Villar e Pedro Fernández, formados na ED Val Miñor e actualmente no F.C. Barcelona.
• Mellor deportista feminina: Sara Vidal, xogadora do Celta Baloncesto e clave no ascenso á máxima categoría en 2022-2023.
• Mellor clube inclusivo: Quenlla, o único clube de surf de Galicia con categorías para persoas con diversidade funcional e cognitiva.
• Mellor traxectoria deportiva: Nuria Gómez, directora deportiva e adestradora do C.B. Nigrán.
• Mellor evento deportivo do ano: ‘Travesía a Nado Costa Serena’, organizada por Beatriz Alvariño en Praia América.
Ademais, premiaranse destacados deportistas en diferentes disciplinas como:
• O trío de ximnasia acrobática Blanca, Tania e Aroa.
• A escudería de rally Prado Competición.
• A futbolista Zaira Martínez (ED Val Miñor), convocada recentemente pola selección española.
• A subcampioa de natación infantil Zaira Vila.
• O voleibolista Óliver Mariuzza, medalla de ouro no Campionato de España co Club Voleibol Vigo.
Tamén se outorgarán mencións especiais a figuras emblemáticas do deporte local, como:
• O grupo de marcha nórdica municipal, creado en 2022.
• O ex-baloncestista e atleta Suso Sanromán Marcote.
• Manuel Ángel Carbajo, histórico delegado da ED Val Miñor.
• O antigo clube de fútbol Felpas, fundado en 1981.
• Jesús Gameiro, encargado da reparación das redes dos campos de fútbol municipais.
• Luis Rodríguez Alonso, impulsor dos bolos celta.
O alcalde, Juan González, destacou que a gala busca dar visibilidade a deportistas que practican disciplinas pouco recoñecidas e reducir a fenda de xénero no deporte. “Os nosos clubes e entidades promoven valores fundamentais como a amizade, a superación e o esforzo”, afirmou.