Gondomar

Gondomar reforza a cooperación coa veciñanza de valadares para un desenvolvemento urbanístico sostible no polígono da pasaxe

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, mantivo recentemente un encontro coa Asociación de Veciños de Valadares (Concello de Vigo) co obxectivo de informar sobre a evolución e o desenvolvemento urbanístico do polígono industrial da Pasaxe, así como escoitar as demandas da veciñanza e reforzar os lazos de colaboración mutua.

Durante a reunión, tratáronse cuestións clave sobre o impacto do polígono na contorna, as necesidades de mellora das infraestruturas e a importancia de manter un canal aberto e permanente de comunicación entre as administracións e os colectivos veciñais.

O Concello de Gondomar reiterou o seu compromiso de traballar desde o diálogo e a cooperación institucional, apostando por un modelo de desenvolvemento que respecta os intereses comúns e garanta o benestar da cidadanía.