Nigrán aposta polo envellecemento activo cun novo curso para maiores de 60 anos.
O Concello de Nigrán puxo en marcha esta semana unha nova edición do programa municipal ‘Envellecemento activo’, unha iniciativa dirixida a mellorar a calidade de vida das persoas maiores de 60 anos a través de actividades preventivas.
Os obradoiros anuais ‘Vivilo Corpo’, Informática e ‘Exercitar a Memoria’ cubriron as súas 208 prazas dispoñibles, consolidando o éxito desta proposta.
O obxectivo principal deste programa, impulsado pola Concellería de Maiores, é reforzar a autonomía das persoas participantes e previr o illamento social, aspectos clave para evitar o deterioro cognitivo e outros problemas de saúde.
O alcalde de Nigrán, Juan González, destacou durante a inauguración que esta iniciativa forma parte dunha aposta máis ampla por mellorar o benestar dos maiores, que inclúe tamén turismo social, teatro, bailes e o centro especializado en demencias neurodexenerativas en Panxón, de xestión 100% municipal.