Baiona

Baiona conmemora o décimo aniversario da apertura da Casa da Navegación recibindo a visita da delegada da Xunta.

No marco da celebración do décimo aniversario da súa apertura, a Casa da Navegación de Baiona destaca como espazo dedicado á difusión do patrimonio marítimo e cultural da rexión.

Para conmemorar esta data a delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, visitou este luns as instalacións da Casa da Navegación de Baiona con motivo do décimo aniversario da súa apertura en marzo de 2015 nun edificio emblemático, a Casa Carvajal da rúa Ventura Misa, con financiamento do Goberno galego, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Baiona.

A representante autonómica, acompañada do alcalde Jesús Vázquez Almuiña, coñeceu o museo baionés, unha institución municipal que alberga unha colección que mostra a evolución histórica, urbana e social da Real Vila, destacando as privilexiadas relacións comerciais que mantivo con Europa e América e o papel transcendental que xogou seu porto na historia da navegación atlántica.