Vigo

Concerto benéfico sorpresa o 22 de maio polo 30º aniversario do banco de alimentos de vigo

O Banco de Alimentos de Vigo celebra este 2025 o seu 30º aniversario cun concerto benéfico sorpresa o vindeiro 22 de maio no Teatro Afundación de Vigo. A identidade do artista, de recoñecemento internacional, darase a coñecer a finais de abril nunha rolda de prensa.

O evento enmárcase no programa solidario ‘Cultura por Alimentos’, promovido por Afundación, que cede de forma altruísta tanto o teatro como a xestión da venda de entradas a través de Ataquilla.

As localidades teñen prezos entre 18 e 25 euros, e habilitouse unha fila cero desde 5 euros. Toda a recadación destinarase integramente ao Banco de Alimentos de Vigo, que na actualidade atende a unhas 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade en toda a provincia de Pontevedra, colaborando con máis de 150 ONG e entidades sociais.