O alcalde dá a benvida no Concello ao novo párroco Sergio Gómez Núñez
O alcalde de Gondomar recibiu no Concello a Sergio Gómez Núñez, novo párroco que asumirá a atención pastoral nas parroquias de Chaín, Couso, Vilaza e Morgadáns.
Durante o encontro, o sacerdote expresou o seu agradecemento pola acollida institucional e veciñal: “Quero dar as grazas ao alcalde e ao Concello por esta cálida benvida. Chego con moita ilusión e co compromiso de estar preto dos veciños e veciñas, acompañalos e colaborar en todo o posible para o benestar das nosas parroquias.”
O alcalde destacou o papel da Igrexa no tecido social do municipio e aproveitou para recoñecer o traballo do anterior párroco, José Antonio Iago Rouco, subliñando a súa dedicación e pegada na comunidade: “Recoñecemos e agradecemos profundamente o compromiso, a entrega e a marca que deixa don José Antonio Iago Rouco nas nosas parroquias e en toda Gondomar.”
Como mostra de benvida, o rexedor obsequiou a Gómez Núñez cun exemplar do libro Arquitectura de intermediación no Val Miñor, do arquitecto e escritor local Antonio Soliño Troncoso. A obra pon en valor o patrimonio cultural eclesiástico da comarca e a súa interacción co territorio.