Baiona

86 familias se beneficiaron del programa de

A “Escola de Verán 2025”, organizada pola Concellería de Igualdade do Concello de Baiona, pechou as súas portas cun balance moi positivo, tanto pola alta participación como pola acollida das actividades desenvolvidas.

Un total de 116 menores de entre 3 e 12 anos participaron nesta iniciativa, que busca favorecer a conciliación da vida laboral e familiar durante os meses de verán, ao tempo que proporciona un espazo educativo, lúdico e seguro para os nenos e nenas.

A franxa de idade con máis participantes foi a dos 3 a 5 anos, que supuxo o 33,62% do total. As familias valoraron moi positivamente o programa, que incluíu actividades variadas e saídas organizadas á contorna, nas que colaboraron diferentes entidades locais, como o viveiro de Sabarís.

No total, 86 familias beneficiáronse do servizo, que contou co cofinanciamento das propias familias e da Deputación de Pontevedra, a través do Plan + Provincia 2025.

Desde o Concello destacan o éxito da iniciativa e agradecen a colaboración das entidades implicadas