47 clubs deportivos do Val Miñor reciben máis de 40.700 euros en axudas da Deputación de Pontevedra
A Deputación de Pontevedra destina este ano máis de 40.700 euros a un total de 47 clubs deportivos de Baiona, Nigrán e Gondomar, no marco da súa convocatoria de subvencións para a participación en competicións federadas de ámbito inferior ao estatal e na Preferente Galicia de fútbol.
Estas achegas forman parte dun plan provincial que mobiliza 650.000 euros en 59 concellos, aprobado na última Xunta de Goberno da institución.
Axudas no Val Miñor
- Nigrán: 19 clubs recibirán 16.110,63 euros. Entre eles figuran o Club Baloncesto Nigrán, o Patos Surf Club, o Prado Surf Clube, o Club Ximnasia Rítmica As Estelas, o Gondomar Club de Tenis A Tobeira e varias sociedades e clubs de bolos da parroquia.
- Gondomar: 17 clubs percibirán 15.128,90 euros. A lista inclúe ao Gondomar Club de Fútbol, Gondomar Fútbol Base, Patinaxe Artística Gondomar, Club Ciclista Osdosacho, Club Deportivo Vincios, Club Vincios Fútbol Sala, a Sociedade Atlética Val Miñor e diferentes entidades de bolos das parroquias.
- Baiona: 11 clubs contarán cun total de 9.547,31 euros. Entre eles atópanse o Club de Fútbol Erizana, o Club de Loita Sabarís, o Club Baloncesto Baiona, o Baíña Fútbol Sala e varios clubs de bolos repartidos por Belesar, Baredo, A Rega, Estivada, Medialdea, Portameán e A Xunqueira.
Outros clubs da contorna
No municipio de Oia tamén resultaron beneficiarios tres clubs, cun importe global de 1.615,14 euros: o Club Deportivo Veteranos de Mougás, o Oiense C.F. Santa María de Oia e a Sociedade de Caza Coto de Mougás.
Obxectivo das axudas
Segundo explica a Deputación, estes recursos permitirán cubrir gastos federativos, de competición e adestramento, persoal técnico, material deportivo e tamén atencións sanitarias ao longo da tempada 2024-2025.
