𝐎 𝐜𝐨𝐧𝐜𝐞𝐥𝐥𝐨 𝐝𝐞 𝐧𝐢𝐠𝐫á𝐧 𝐜𝐞𝐥𝐞𝐛𝐫𝐚 𝐞𝐬𝐭𝐞 𝐬á𝐛𝐚𝐝𝐨 𝐚 𝐠𝐚𝐥𝐚 𝐝𝐞 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞𝐠𝐚 𝐝𝐨𝐬 ‘𝐩𝐫𝐞𝐦𝐢𝐨𝐬 𝐧𝐢𝐠𝐫á𝐧 𝟐𝟎𝟐𝟒’
Este sábado 22 de marzo, o Concello de Nigrán convocará a gala de entrega dos «Premios Nigrán 2024» no Auditorio Municipal. O evento, que comeza ás 20:00 horas e ten entrada libre ata completarse o aforo, contará coa prezencia da actriz Cristina Maró na presentación, mentres que Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Gondomar e afincada en Nigrán, interpretará varios temas musicais.
Na dúo edición desta iniciativa, a corporación municipal acordou, por unanimidade, o recoñecemento de catro entidades, subdivididas nos seguintes eidos:
• Premio Social: Homenaxese as comunidades de augas de Camos e Chandebrito. Estas “traídas veciñais”, fundamentais para o abastecemento de máis de 100 familias, representan unha tradición ancestral que se modernizou graxas ás subvencións municipais.
• Premio Educativo: A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), ONG que, desde 1992, promove o estudo e divulgación dos mamíferos e tartarugas mariñas, ademais de ser a entidade responsable da asistencia aos varamentos na costa galega.
• Premio Empresarial: Forjados Figueiró, con sede en Camos, que desde 1965 fundamentou o desenvolvemento das actividades empresariais da familia Figueiró, consolidándose ao longo das décadas como unha referencia no sector.
• Premio Deportivo: Acroclub Nigrán, entidade que, dende o seu inicio en 2016, achega a xestión e práctica da ximnasia acrobática a todas as idades, destacándose a nivel nacional e internacional.
• Premio Cultural: O Instituto de Estudos Miñoranos (IEM), que celebrou 25 anos de existencia no 2024 e se converteu nunha entidade de referencia na divulgación, investigación e reivindicación da cultura e memoria histórica da comarca.
Juan González, alcalde de Nigrán, destacou:
“Son entidades e persoas que, co seu traballo, constancia e esforzo, enaltecen Nigrán, facendo deste municipio un lugar máis amigable e do que nos sentimos orgullosos. Este recoñecemento é o noso modesto, pero moi necesario agradecemento pola súa contribución.”
A gala, que promete ser un punto de encontro para o pobo e para todas aquelas persoas comprometidas co desenvolvemento e a cultura de Nigrán, será unha oportunidade para celebrar o compromiso institucional e o esforzo colectivo que impulsa o crecemento e a cohesión da comunidade.